Sede electrónica Concello de Negreira

04:09:54 Domingo 10 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Licenza tenza animais potencialmente perigosos

Presentarase a titulo persoal, e a súa obtención será previa á adquisición dun animal considerado como potencialmente perigoso pola normativa de aplicación. No caso de que o animal fose considerado como potencialmente perigoso con posterioridade a súa adquisición por razóns de conduta, o dono ou a dona dispón do prazo dun mes para iso desde o momento desta consideración.

A Licenza terá un período de validez de cinco anos, podendo ser renovada por períodos sucesivos de idéntica duración mediante unha nova presentación da documentación requirida e debidamente actualizada. Calquera variación dos datos que figuran na licenza, deberá ser comunicada polo seu titular no prazo de quince días hábiles, contados desde a data en que se produza a dita modificación.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • DNI, NIF, NIE, pasaporte, permiso de residencia. (Non necesario en caso de presentación online)
  • Certificado de non ter sancións por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na Lei 4/2017 do 3 de outubro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
  • Certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica para a tenencia de animais potencialmente perigosos, emitido pola dirección dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
  • Certificado de antecedentes penais.
  • Xustificación da subscrición e formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poida causar o animal, cunha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberá renovarse anualmente: acreditarase mediante a presentación da copia da póliza claramente detallada ou certificado da compañía aseguradora. Ademáis presentar a copia do último recibo do seguro.

Nome: Licencia tenencia animais potencialmente perigosos

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Tasas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.