Sede electrónica Concello de Negreira

20:44:21 Martes 18 de novembro 2025

Información

PADRON HABITANTES

18/11/2025

DECRETO CADUCIDADE ESTRANXEIROS 1.2025 EXPTE: 2025.G003.000386

EXP: 2025/G003/000386

CADUCIDADE E BAIXA DE ESTRANXEIROS NON COMUNITARIOS (ENCSARP) NO PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao non ser posible a práctica da notificación persoal ás persoas que a continuación se relacionan, publícase o presente anuncio e comunícase:

Que por Resolución de Alcaldía 361/2025 acórdase practicar as correspondentes baixas no Padrón Municipal de Habitantes, por caducidade da súa inscrición padronal ao non realizar a súa correspondente renovación, con efectos desde o día da publicación deste anuncio o Boletín Oficial do Estado.

Tramítanse as súas baixas de conformidade co disposto no artigo 16.1 da Lei 7/1985 modificada pola Lei Orgánica 14/2003 e na Resolución do 16 de marzo de 2015, da Subsecretaría, pola que se publica a Resolución do 30 de xaneiro de 2015, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Coordinación de Competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades Locais, sobre instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do padrón municipal.

O contido íntegro do expediente: 2025/G003/0000386, queda ao dispor dos interesados no Departamento de Estadística deste Concello en horario de 8.00 a 15.00 horas.

 

Documento

Y7771859N

XR6947541

Y6760815W

FT007780

GC189459

Z0381407A

 

O que se fai público para coñecemento dos interesados, con indicación de que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer os seguintes recursos:

Con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou este acordo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación do presente acordo nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Se se opta pola interposición deste recurso deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaída resolución no prazo indicado, entenderase desestimado e poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación deste acto. Se a resolución non fóra expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entender desestimado o recurso potestativo de reposición interposto.

Interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir desde o día seguinte ao da notificación do presente acordo, na forma prevista na lexislación da devandita xurisdición contencioso-administrativa.

Interpoñer calquera outro recurso que estime procedente.

 


Xustificantes de Publicación: