Sede electrónica Concello de Negreira

22:27:00 Venres 7 de febreiro 2025

Información

PADRON HABITANTES

26/12/2024

BAIXA CADUCIDADE RESIDENCIA NON COMUNITARIOS (ENCSARP)

EXP: 2024/G003/000497

DECRETO

EXPTE: 2024/G003/0000497

CADUCIDADE E BAIXA DE ESTRANXEIROS NON COMUNITARIOS (ENCSARP) NO PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES

A Lei orgánica 14/2003, de 20 de novembro, no seu artigo terceiro modifica a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e introduce, entre outras, unha modificación no artigo 16 que establece a renovación periódica cada dous anos das inscricións de estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente no Padrón Municipal de Habitantes e a caducidade de ditas inscricións, no caso de que o interesado non procedese a tal renovación.

De conformidade có disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ó non ser posible a práctica da notificación persoal ás personas que a continuación se relacionan e tendo en conta o resto da lexislación aplicable nesta materia e de acordo coa documentación xustificativa que consta en poder do Negociado de Estadística deste Concello, en uso das atribucións que me están conferidas.

RESOLVO:

1º.- Declarar a caducidade da/s inscrición/s no Padrón Municipal de Habitantes deste Concello das persoas que se relacionan a continuación, por non ter renovada a súa inscrición padronal transcorrido o prazo de dous anos e en consecuencia, acordar a práctica da/s correspondente/s baixa/s da súa inscrición no Padrón Municipal de Habitantes.:

Documento Nome e Apelidos

****6011 DA CONCEICAO DE ARAUJO, JOAO GABRIEL

****4381* DIAS DA SILVA, EMILY CRISTINY

****7434* KHALOU, AYOUB

****2512* NOGUEIRA DE OLIVEIRA, VICTOR HUGO

 

2º.- Estas baixas terán efecto na data en que esta resolución saia publicada no Boletín Oficial do Estado.

3º.- Publicar a presente resolución na páxina web do Concello e no Boletín Oficial do Estado, para os efectos de dar coñecemento ós interesados.

Contra a presente resolución que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer os recursos seguintes:

 

Con carácter potestativo, o recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou este acordo, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ó da notificación do presente acordo, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora de Xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación deste acto. Se a resolución non fora expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse desestimado o recurso potestativo de reposición interposto.

Interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir dende o día seguinte o da notificación do presente acordo, na forma prevista na lexislación de dita xurisdicción contencioso-administrativo.

Interpoñer calquera outro recurso que estime procedente.

Negreira, a data que figura ao marxe

 

Alcalde-Presidente

Manuel Angel Leis Miguez


Xustificantes de Publicación: