Sede electrónica Concello de Negreira

20:41:06 Domingo 31 de maio 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria ordinaria. Novo ingreso: 1 - 30 de abril; Renovación de praza: 1 - 15 de abril.
Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 8.1.15 do Regulamento de organización e funcionamento da E.I.M.

Solicitude de Renovación de Matrícula (do 25 de maio ao 8 de xuño) 

  • Formulario de Solicitude de renovación de matrícula na E.I.M.
  • Xustificación dos ingresos económicos actualizados, presentando a declaración do IRPF que ata o momento teñan actualizada.
  • Certificado de empadroamento e de convivencia actualizado.
  • Outros datos susceptibles de baremación, que varíen substancialmente a situación sociofamiliar).

Solicitude de praza de Novo Ingreso (do 25 de maio ao 8 de xuño)

  • Formulario de solicitude de praza de novo ingreso na E.I.M.
  • ANEXO I
  • Documentación acreditativa da situación familiar:
  • Certificado de empadroamento ou de convivencia.
  • Libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Copia do DNI da nai, do pai ou titor/a legal.
  • Título de familia numerosa.
  • Sentenza da separación ou divorcio, no seu caso.
  • No caso de acollemento do menor, o documento que o xustifique.
  • No caso dalgunha deficiencia ou enfermidade alegada polos membros da unidade familiar, o certificado expedido polo organismo competente.
  • No caso de nenos/as con algunha deficiencia física, psíquica ou sensorial, o certificado expedido polo organismo competente.
  • No caso de nenos/as con necesidade específica de apoio educativo ou integración , o informe do equipo de valoración e orientación da delegación territorial.
  • Documentación acreditativa da situación socioeconómica e laboral da unidade familiar:
  • Última nómina ou informe de vida laboral, ou no seu caso, a certificación acreditativa do INEM de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestacións de todos os membros da unidade familiar.
  • Última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar ou certificado emitido pola Axencia Tributaria, relativo ao ano anterior.
  • No caso de vítimas de violencia de xénero:
  • A certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou a copia autenticada desta.
  • A sentenza da calquera orde xurisdicional que declare que sufriu violencia.
  • A certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
  • A certificación dos servizos de acollida.
  • O informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
  • O informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
  • Outros documentos, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuadas no baremo e informe de Servizos Sociais sempre que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que vive a unidade familiar.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.