Sede electrónica Concello de Negreira

21:18:37 Domingo 31 de maio 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en aula de actividades

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nas aulas de actividades do Concello, ben sexa para as diversas actividades de índole cultural organizadas, ben para as actividades da aula de informática.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar a inscrición nalgún taller da aula de actividades.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades.
  • Acreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos que se van inscribir; libro de familia; DNI dos representantes.
  • Xustificante do pagamento das taxas de inscrición na actividade segundo a ordenanza vixente.
  • Fotografías. Fotografías recentes dos suxeitos a inscribir na actividade.
  • Autorización uso de fotografias.

Nome: Solicitude de inscrición en aula de actividades (informáticas, culturais, etc).

Unidade tramitadora: Delegación, Cultura e Deportes.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Delegación, Cultura e Deportes.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución:
Inmediato por orde de inscrición.

Taxas/impostos: Diferentes segundo a actividade (entre 20 € e 50 €).

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                       Presencial.