Sede electrónica Concello de Negreira

22:10:20 Domingo 31 de maio 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades deportivas

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe inscribirse nunha actividade deportiva xestionada pola corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  • Acreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos que se van inscribir; libro de familia; DNI dos representantes.
  • Declaración Firmada de que non teñen ningún impedimento físico ou de enfermidade que lle impida a práctica do deporte.
  • Xustificante do pagamento das taxas de inscrición na actividade deportiva segundo a ordenanza vixente.
  • Fotografías. Fotografías recentes dos suxeitos a inscribir na actividade.
  • Autorización uso de fotografias.

Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.

Unidade tramitadora: Delegación, Cultura e Deportes.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Delegación, Cultura e Deportes.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
Inmediato por orde de inscrición.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.